Un detido en Camariñas nunha operación contra o narcotráfico
Un detido en Camariñas nunha operación contra o narcotráfico
De momento descoñécese o tipo de droga e a cantidade que podería haber na embarcación
Axentes de Aduanas e da Policía Nacional detiveron unha persoa no marco dunha operación antidroga. Foi a última hora da tarde cando os axentes detectaron droga a bordo dun pesqueiro que trasladaron a porto. A operación continúa aberta e está previsto realizar un rexistro a bordo do pesqueiro, o Nuevo Furuno, un barco que ten o porto base en Camelle.
Segundo din os veciños, un mozo de Camelle vendeuno hai uns catro meses a dúas persoas que son da zona do Barbanza, concretamente de Boiro, pero que viven nunha zona de Camariñas que se chama Brañas Verdes.
O barco está amarrado no peirao de Santa Mariña, custodiado por unha ducia de axentes da Policía Nacional, incluída unha unidade canina, á espera da autorización xudicial para poder entrar nel.
Decoñécese polo momento se o detido é un dos donos ou un tripulante, o que si se sabe é que é galego. Tampouco se sabe de momento o tipo de droga nin a cantidade que está dentro.
O detido terá que ser trasladado dende Santiago para presenciar o rexistro.
Está previsto que o arrestado pasa mañá a disposición do xulgado de instrucción numero 2 de Corcubión.