Cargando resultados...
O Día de Rosalía vaise celebrar a partir deste ano o 23 de febreiro
O Día de Rosalía vaise celebrar a partir deste ano o 23 de febreiro
Un documento constata que Rosalía de Castro naceu o 23 de febreiro
G24.gal
18/01/2022 15:51
A partir deste ano o Día de Rosalía cambiará de data. A celebración non será o 24 de febreiro, senón o 23. Así o acordaron hoxe unanimemente os representantes de varias entidades culturais galegas convocadas pola Fundación Rosalía. A decisión baséase nun descubrimento recente da investigadora Sagrario Abelleira que modifica a data de nacemento da escritora.
Sagrario Abelleira, investigadora, explica:
"Eu penso que é irrefutable, porque é unha declaración en primeira persoa da nai de Rosalía ante notario, isto fai que a contundencia da información sexa moita".