Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un dos membros da Manada pedirá a redución da súa condena

Un dos membros da Manada pedirá a redución da súa condena

O seu avogado calcula que a pena podería rebaixarse un ano

G24.gal 17/11/2022 16:25

Un dos membros da Manada sentenciado a 15 anos de prisión presentará "en breve" unha petición para que se revise a súa condena.

O seu avogado calcula que coa nova "lei do só si é si" a súa pena podería reducirse "nun ano ou pouco máis". 

Lembramos que os cinco mozos da Manada foran condenados por violar en grupo unha moza no San Fermín de 2016.

No caso dos outros condenados non sería posible pedir a revisión da pena por acumular máis dunha condena ou sumar vinte anos ou máis de prisión.

O letrado, Agustín Martínez, leva outros seis casos susceptibles de revisión, para algún dos cales xa presentou formalmente o recurso de revisión de condena.

Martínez cualificou de "tecnicamente deplorable, lamentable" a lei do "só si é si", e lembrou que cando saíu xa advertiu de que "provocaría unha onda de recursos de revisión, na maioría dos casos con resultados positivos, porque a lei supón unha redución das condenas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade