Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian o risco de derruba dun edificio na rúa Irmandiños de Vigo

Denuncian o risco de derruba dun edificio na rúa Irmandiños de Vigo

Os veciños e veciñas levan anos denunciando o estado dun edificio que xa tivo que ser apuntalado polo Concello ante a perigosa situación da súa fachada

Ata hai pouco vivían aquí persoas sen recursos, xa que o edificio leva anos abandonado

Está situado nun lugar de ocio nocturno onde cada fin de semana se xuntan centos de persoas 

G24.gal 23/10/2024 14:11

O edificio de tres andares, do ano 1920, está completamente abandonado. A súa situación agravouse co paso do tempo ata tal punto que tivo que ser apuntalado polo desprendemento de parte da fachada e dos balcóns.

O edificio está en pleno centro da cidade e convive con comercios, hostais, restaurantes e locais de ocio nocturno. Os máis preocupados son os residentes desta rúa Irmandiños. Aseguran que levan anos denunciando esta situación no Departamento de Urbanismo.

"Fai dezasete anos, non foi onte, xa sabían o problema que tiñamos aquí. Este é un problema prioritario porque poden producirse desgracias porque isto non se pode permitir no centro de Vigo e en ningún barrio", lamentar Teresa Romero, veciña da zona.

Este luns, técnicos de urbanismo do Concello fixeron unha revisión deste inmoble polo risco de desprendemento da fachada tras recibir a autorización xudicial para o acceso ao seu interior pola presenza de ocupas e ante a inexistencia de propietarios.

"Estivo cheo de ocupas ata fai ben pouco. Din que non saben quen son os donos ou iso nos di Urbanismo pero... aí estamos. Esta zona é unha zona de movida, aquí a xente pásase de voltas pola noite", di Carmen Quintela, veciña afectada.

Agora, e tras a valoración da estrutura, decidirase que facer co inmoble. Os veciños e veciñas piden que se derrube para que se leve adiante un antigo proxecto que contemplaba neste lugar a construción dunha praza pública e zonas verdes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade