Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un empresario de Santa Comba paga 26.500 euros por un camión que non existía

Un empresario de Santa Comba paga 26.500 euros por un camión que non existía

Os estafadores clonaron unha coñecida páxina web para enganalo

A Garda Civil investiga unha muller de Málaga como presunta autora do calote

G24.gal 20/02/2024 13:54

A Garda Civil investiga unha veciña da localidade malagueña de Conil acusada dun presunto delito de estafa. A vítima, un empresario de Santa Comba, comprou a cabeza tractora dun camión, semellante a este, a través dunha coñecida páxina web. O que non sabía é que a páxina web estaba clonada e o camión non existía.

Óscar Ourille, Garda Civil do Equipo de asesoramento, prevención e resposta contra a ciberdelincuencia @Milladoiro, di que o empresario fixo unha transferencia de 26.500 euros por un camión que nunca chegou. Asegura que unha vez interposta a denuncia os axentes do equipo comezaron a investigar as contas bancarias  e os desvíos de diñeiro que se produciron.

A investigación levada a cabo polo equipo @Milladoiro da Garda Civil permitiu seguir o diñeiro ata unha conta nun país europeo; dende aí foi transferido a outra conta en Conil, Málaga.

Óscar Ourille, Garda Civil do Equipo de asesoramento, prevención e resposta contra a ciberdelincuencia @Milladoiro , apunta que grazas á activación dos mecanismos sociais puideron recuperar parte do diñeiro estafado, uns 16.000 euros. 

Unha vez identificada a presunta estafadora, os axentes abriron dilixencias contra ela por un presunto delito de estafa. A muller está á espera de pasar a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade