Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un enxeñeiro galego crea tres apps premiadas que facilitan os trámites coa Administración

Un enxeñeiro galego crea tres apps premiadas que facilitan os trámites coa Administración

Gabriel Cid conseguiu o galardón á mellor iniciativa emprendedora que outorga o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia

O obxectivo das tres aplicacións para o móbil é facer máis accesible a relación coas administracións públicas

G24.gal 07/05/2023 14:06 Última actualización 07/05/2023 15:03

O labirinto da administración electrónica provoca nos cidadáns, bastante a miúdo, unha sensación de dispersión e confusión. O enxeñeiro informático Diego Cid propúxose paliar este problema con tres aplicacións para o telefono móbil. A principal chámase Tr@mite e a súa virtude é que coa simple descarga temos acceso no móbil a moitos trámites centralizados mediante DNI electrónico, cl@ve ou certificado dixital.

"Hai preto de trescentos trámites directos. Pódese acceder, por exemplo, á declaración da renda, consultar as anteriores, un certificado de estudos, as multas que tes na DXT, ben, cun montón de administracións, certificados de empadroamento de diferentes municipios que o teñan habilitado en Internet".

As outras dúas aplicacións deseñadas por este enxeñeiro permiten asinar documentos PDF desde o móbil ou consultar o estado dun certificado dixital e dun DNI electrónico.

Unha das preguntas posibles é se estas ferramentas dixitais segregan por idade ou se son utilizables tamén pola xente maior:

"A pandemia sérvenos de exemplo de que os maiores aprenderon a usar whatsapp para poder ter as videoconferencias cos netos. Entón, por que non van poder aprender se se lles explica e se lles facilita o acceso a estes trámites?

En definitiva, a cultura do procedemento administrativo ofrece unha nova variante que ten a virtude de unificar trámites nun ámbito moi fragmentado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade