Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os primeiros equipos do continxente español de rescate chegan a Marrocos

Os primeiros equipos do continxente español de rescate chegan a Marrocos

A Unidade Militar de Emerxencias vai traballar nunha das zonas máis devastadas, a 25 quilómetros do epicentro do tremor

Militares da UME embarcan cara a Marrocos. EFE/X/Ministerio de Defensa
G24.gal 10/09/2023 20:15 Última actualización 10/09/2023 21:21

A primeira hora da tarde aterrou no aeroporto de Marrakech o avión do Exército do Aire co equipo de busca e rescate urbano da Unidade Militar de Emerxencias. Son 56 militares e catro cans que saíron pola mañá dende a base de Zaragoza.

Van buscar superviventes nunha das zonas máis devastadas polo terremoto. As autoridades marroquís, que son as que coordinan os labores de busca, asignáronlles un lugar situado a só 25 quilómetros do epicentro do sismo.

"Imos intentar o máximo posible salvar vidas, igual que se fixo en Turquía, ante dramas desta magnitude. Estamos tamén en contacto coa Comunidade de Madrid, falei co conselleiro para organizar outro transporte con todo o relativo a Protección Civil. O compromiso de España cos cidadáns de Marrocos é total ante as grandes traxedias", asegura Margarita Robles, ministra de Defensa.

Un segundo grupo de especialistas en emerxencias saíu estar tarde desde a base aérea de Torrexón. 

"Asignáronnos unha zona danada para que poidamos facer todos os labores en que estamos especializados, que son a busca e o rescate de persoas vivas baixo os cascallos. Por suposto, se precisan calquera outra axuda, tamén o faremos", di Annika Coll, responsable de ERICAM.

A Comunidade de Madrid mobilizou unha trintena de bombeiros, sanitarios e guías caninos con catro cans. Forman parte do Equipo Autonómico de Emerxencia e Resposta Inmediata (ERICAM), que integrarán o continxente español de rescate.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade