Investigadores galegos deseñan un equipo electrónico para reducir o uso de combustibles fósiles nos barcos
Investigadores galegos deseñan un equipo electrónico para reducir o uso de combustibles fósiles nos barcos
Investigadores galegos deseñan un equipo electrónico para reducir o uso de combustibles fósiles nos barcos
O 80 por cento do transporte de mercadorías faise por mar, é fundamental para o comercio, pero é un dos máis contaminantes
O innovador prototipo que desenvolve Norvento, o centro tecnolóxico de automoción e a universidade de Vigo, está cofinanciado pola Xunta e podería estar listo en setembro do 2026
O 80 por cento do transporte de mercadorías faise por mar. O transporte marítimo é fundamental para o comercio, pero é un dos máis contaminantes, o desafío é facelo máis sostible. Galicia está a desenvolver un equipo electrónico que o fará posible.
"Un convertedor que permite que a enerxía eléctrica do porto sexa conectada o buque, evitamos que se produza unha combustión intermedia para xerar enerxía", explica o subdirector de Tecnoloxía de Norvento, Adrián Capelán.
O buque estará conectado a rede eléctrica durante as manobras de atraque, carga ou descarga.
"A mesma enerxía eléctrica que se xera en terra se por riba é renovable", comenta Daniel Villanueva, director do campus tecnolóxico da UVIGO.
"Ter todos os datos que nos permiten mellorar a toma de decisións", di Victor Alonso, director do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia.
Este innovador prototipo que desenvolve Norvento, o Centro Tecnolóxico de Automoción e a Universidade de Vigo, está cofinanciado pola Xunta e podería estar listo en setembro do 2026.