Un estudo do profesor Rial Boubeta, da USC, servirá de punto de partida para regular a relación dos menores coa tecnoloxía

Os nenos e nenas acceden a un móbil antes dos once anos, e a cuarta parte deles conéctase para non sentirse só.
A irrupción destas tecnoloxías multiplicou por catro os problemas de saúde mental e as tentativas de suicidio entre adolescentes.
Son só algúns datos dun estudo da Universidade de Santiago, do profesor Rial Boubeta en colaboración con UNICEF, que puxo en alerta o Goberno central sobre a necesidade de lexislar para mitigar o impacto das tecnoloxías na saúde emocional dos adolescentes.