Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un estudo no que participa a USC identifica os xenes que determinan a covid severa

Un estudo no que participa a USC identifica os xenes que determinan a covid severa

O estudo actualiza o mapa xenómico da covid publicado en 2021 polo consorcio internacional Host Genetic Initiative

O grupo da universidade compostelá está coordinado polo catedrático Ángel Carracedo

G24.gal 10/09/2023 14:08 Última actualización 10/09/2023 14:47

Este estudo internacional pretende darlle resposta a unha pregunta clave: por que algunhas persoas con covid son asintomáticas e outras sofren efectos severos e mesmo a morte. A severidade está condicionada nun 50 % pola xenética. O estudo identificou 28 novos xenes que determinan mal prognóstico.

“Atopamos a maior parte dos xenes que son os causantes dese mal prognóstico da covid, que son xenes que teñen que ver co sistema inmune, co aparato respiratorio, e que teñen que ver coa entrada do virus nas células", explica o catedrático Ángel Carracedo, coordinador do grupo da USC que participou no estudo.

Pero a xenética non determina todo. A severidade da covid tamén depende da variante do virus e das condicións e hábitos de saúde de cada doente. En contra do que se pensaba, a diabetes non é un factor de risco, pero si o sobrepeso e o tabaquismo.

“A obesidade importa, é un factor que produce problemas máis graves, como fumar, e tamén a función renal, pero en cambio descartamos que a diabetes teña influencia,  tal como se pensaba", explica o catedrático Ángel Carracedo.

O estudo actualiza o mapa xenómico da covid publicado en 2021 polo consorcio internacional Host Genetic Initiative, do que forma parte un grupo da Universidade de Santiago.

Os seus primeiros resultados estarán listos antes de finais de ano. Abrirán novas vías para entender o virus e para buscar novos tratamentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade