Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un falso Brad Pitt estafa 170.000 euros a unha muller de Granada

Un falso Brad Pitt estafa 170.000 euros a unha muller de Granada

A muller chegou a crer que tiña unha relación de parella co actor estadounidense

G24.gal 29/06/2023 13:14 Última actualización 29/06/2023 13:27

Unha veciña de Granada presentou unha denuncia como suposta vítima dunha estafa de ao menos 170.000 €. Tras a estafa estaría alguén que se fixo pasar polo actor estadounidense Brad Pitt, con quen a vítima contactou por Internet.

A muller contactou a principios de 2022 a través de Facebook cunha especie de club de fans do actor. Desde aí, comezaron unhas interaccións continuadas que levaban supostamente a contactar directamente con Brad Pitt.

Así, a muller tivo numerosas conversacións co suposto estafador, que gañou a confianza, amizade e incluso amor da vítima, chegando a pensar que tiñan unha relación de parella.

O falso Brad prometeulle incluso visitar a España para gravar unha película xuntos. Para levar a cabo o proxecto, comezou a pedirlle distintas cantidades de diñeiro. En total, a cifra podería ascender aos 170.000 €.

Coa sospeita de ser vítima dunha estafa, xa que o actor non cumpría as súas promesas, a muller decidiu iniciar accións legais por posibles delitos de estafa, usurpación de identidade e incluso branqueo de capital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade