Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reencontro coa familia que asistiu nun parto de urxencia hai 37 anos

Reencontro coa familia que asistiu nun parto de urxencia hai 37 anos

Foi unha sorpresa dos seus compañeiros da Garda Civil tras a súa xubilación

G24.gal 02/10/2022 14:05 Última actualización 02/10/2022 17:51

Despois de cinco décadas de servizo na agrupación de Tráfico, Antonio Gómez xubilouse sendo o garda civil en activo máis antigo de España. Cincuenta anos nas estradas dan para moitas anécdotas, algunha especialmente felices.

En 1985, el e o seu compañeiro asistiron no parto unha muller que non chegaba a tempo ao hospital. O neno que naceu aquel día de camiño á Coruña xa é un home de 37 anos, que viviu con emoción o reencontro co seu matrón accidental.

Foi no quilómetro cero, ao pé da estrada N-550 ao seu paso por Cambre, no mesmo lugar onde deu a luz Milagros, a nai, asistida polas mans inexpertas dos axentes.

Non volveran saber nada uns dos outros. Os compañeiros de Antonio, xubilado desde xullo, propiciaron o reencontro, conscientes de que aquel día foi un dos máis especiais da súa carreira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade