Un gol de carambola do líder castiga a un Compostela que mereceu máis
Un gol de carambola do líder castiga a un Compostela que mereceu máis
O equipo santigués foi a máis na segunda metade e tivo boas ocasións
O Zamora segue contando os partidos por vitorias grazas ao gol de Joel Priego
O Zamora levou os tres puntos do Vero Boquete nun partido en que o Compostela mereceu máis. O líder, que contaba os seu partidos por vitorias, presentouse en Santiago agardando o seu momento. O equipo local levou o peso do partido e comezou asustando cun lanzamento de falta e outro de Juampa ao ferro na primeira metade.
Na segunda, o dominio local seguiu aumentando, cun gol anulado por unha posible man de Álvaro Casas e outra man non asubiada na área do Zamora. Pero foi no minuto 80, cando mellor estaban os locais, cando chegou o gol, nunha acción pola dereita de Víctor López, que, tras petar no pau, tropezaba en Joel Priego e terminaba dentro da portería.
O gol desarmou o Compostela, que xa non deu reaccionado. Un remate ao traveseiro precedeu á acción da expulsión de Pep Caballé polo segundo cartón amarelo. E non houbo tempo para máis. O Compostela cede a primeira derrota da temporada, e o Zamora continúa liderando con paso firme.