Un grupo de candorcas cruzará a costa galega esta semana
Un grupo de candorcas cruzará a costa galega esta semana
En caso de encontro con veleiros, aconsellan ir a motor cara a augas menos profundas
A aplicación móbil Orcinus recolle os avistamentos e axuda a telas localizadas
Aviso a navegantes. Un grupo de candorcas atravesará Galicia desde as Rías Baixas cara ao norte nos próximos días.
"O último avistamento foi en Aveiro, calculamos pola velocidade e movementos que o grupo chegará esta semana a Galicia", explica Olga Mosca, bióloga do Instituto BDRI do Grove.
No caso de encontro, o consello é cambiar a vela polo motor e evitar ter tripulantes nas bandas. En vez de deter a embarcación, o Ministerio de Transporte e o Instituto Bottlenose do Grove aconsellan non parar e navegar cara a augas menos profundas.
"Cómpre que se dirixan a augas menos profundas, de entre 30 e 50 metros, se é posible e seguro. Así saen da traxectoria das candorcas e é mellor para os animais e tamén para as embarcacións", engade Olga Mosca.
Os avistamentos recollidos na aplicación móbil Orcinus e outras variables oceanográficas permiten seguir o avance destes cetáceos e reducir riscos. Por iso, animan a que os navegantes consulten esta ferramenta, que xa conta con 2.700 usuarios de 40 países.