Cargando resultados...
Rematan o Camiño dende Roncesvalles en bicicletas adaptadas
Rematan o Camiño dende Roncesvalles en bicicletas adaptadas
O proxecto Discamino facilita a peregrinación de persoas con diversidade funcional
G24.gal
01/10/2022 14:08
Última actualización 01/10/2022 15:25
Entre as 400.000 persoas que culminaron este ano o camiño de Santiago está un grupo moi especial que remata a súa aventura este sábado. Pertence ao proxecto Discamino, liderado por Javier Pitillas, para poder facer a ruta en bicicletas adaptadas.
Non todas as persoas participantes fixeron os 700 quilómetros que separan Roncesvalles de Compostela. Porén, hai unanimidade á hora de cualificar a experiencia como "marabillosa".
A escasos quilómetros da meta, a emoción apréciase nas miradas. Mesmo na de Pitillas, que xa acompañou 72 expedicións coma esta. Discamino naceu en 2009 co único propósito de cumprir o soño peregrino de persoas con diversidade funcional.