Un grupo proucraíno podería estar detrás do ataque ao Nord Stream 2
Un grupo proucraíno podería estar detrás do ataque ao Nord Stream 2
The New York Times publica que a intelixencia dos EUA cre que detrás está un grupo proucraíno, con cidadáns rusos ou ucraínos
Die Zeit publica que os investigadores alemáns cren que foron seis persoas, dende un iate, pagadas por unha compañía radicada en Polonia
O goberno ucraíno nega ter que ver coa sabotaxe
Seguimos sen saber quen atacou a tubaxe de gas Nord Stream 2 en setembro, pero agora publícase que podería ser un grupo proucraíno. Segundo o xornal The New York Times, que cita a intelixencia estadounidense, estaría composto por ucraínos ou rusos.
O alemán Die Zeit asegura que os investigadores xermanos cren que foron seis persoas, que usaron un iate e que foron contratadas por unha compañía rexistrada en Polonia, propiedade de dous cidadáns ucraínos.
Fontes do Goberno de Zelenski negan ter que ver coa sabotaxe do gasoduto.