Un home de 80 anos con alzhéimer mata á muller en Benalmádena
Existían denuncias previas por violencia pero sen medidas xudicias de protección
A vítima tña 29 anos e era de nacionalidade británica
O corpo presentaba unha vinta de coiteladas

Unha muller de 69 anos foi asasinada onte á noite polo seu home, diagnosticado de alzhéimer, tras asestarlle máis de 20 coiteladas na súa vivenda da localidade malagueña de Benalmádena.
A vítima mortal é de nacionalidade británica, igual que o agresor, xa detido pola Policía Nacional.
Os feitos sucederon contra as 22:30 do venres no domicilio da parella en Benalmádena. Ata o lugar desprazáronse os equipos de emerxencias e axentes da Policía Nacional, que localizaron o corpo sen vida da muller, á que o seu home, que sofre demencia, lle asestou máis de vinte coiteladas por todo o corpo.
Agora investíganse as circunstancias en que se produciu este novo crime machista.