Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home denunciado por malos tratos mata o fillo de 10 anos cun coitelo en Valencia

Un home denunciado por malos tratos mata o fillo de 10 anos cun coitelo en Valencia

O arrestado en Sueca tiña unha orde de afastamento da nai do pequeno

Os forenses sacan o cadáver do menor da casa
G24.gal 03/04/2022 17:35 Última actualización 21:30 03/04/2022

Axentes da Garda Civil detiveron un home de 47 anos despois de encontrar o seu fillo de 10 anos morto a coiteladas na súa casa da localidade valenciana de Sueca.

A avoa paterna foi a que alertou de que algo pasaba no domicilio porque desconfiaba de que o pai do pequeno puidese atentar contra el.

Avisou a emerxencias, que enviaron a Garda Civil. Cando os axentes accederon ao interior da vivenda xa atoparon o corpo do neno, que morreu como consecuencia das coiteladas que supostamente lle asestou o seu pai.

O home tiña en vigor unha orde de afastamento da nai, de 44 anos, ditada polo Xulgado de Violencia sobre a Muller de Sueca tras presentar a muller unha denuncia por malos tratos. Os feitos apuntan a un caso de violencia vicaria, en que se agride un fillo coa intención de facerlle máis dano á nai.

En 2021 foron polo menos seis menores os asasinados polos pais ou parellas das nais en condicións similares.

A nai deixou que o menor pasase a fin de semana co pai.  Os dous son de nacionalidade española e era o seu único fillo.

O alcalde de Sueca expresaba a súa condena cara a calquera tipo de violencia machista, pero especialmente contra esta, se cabe máis cruel.

O equipo sanitario que se mobilizou ata a vivenda confirmou a morte do pequeno e atenderon a nai e a avoa da vítima.

O detido está no cuartel da Garda Civil de Sueca á espera de pasar á disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade