Un home do Barco de Valdeorras vai recibir máis de 80.000 euros de herdanza dun coñecido falecido hai dous anos

Unha axente de seguros estivo buscando durante dous anos o beneficiario
Vaia sorpresa levou Silvestre cando soubo que vai recibir os beneficios de catro produtos financeiros dun compañeiro seu falecido hai dous anos.
Silvestre é testemuña de Xehová e visitaba a miúdo o finado, que vivía só en Viana. O que non esperaba é que o puxese como único beneficiario dunhas pólizas de aforros e fondos de investimento.
Que el poida contar agora con máis de 80.000 euros é froito do traballo dunha axente de seguros de Verín que dende que faleceu o seu cliente, en decembro de 2019, non parou de buscar.
Tirando de moitos fíos conseguiron atopar no Barco de Valdeorras o afortunado. Din ambos que, despois desta satisfacción, continuarán facendo os seus traballos o mellor que saben.