Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un home no incendio da súa vivenda no concello de Soutomaior

Morre un home no incendio da súa vivenda no concello de Soutomaior

Estaba no interior dun cuarto, a única estancia que ardeu

O inmoble afectado está en Arcade O inmoble afectado está en Arcade
G24.gal 16/09/2023 09:40 Última actualización 16/09/2023 13:17

Un home morreu no concello de Soutomaior ao declararse un incendio na súa vivenda, situada na rúa Valmonte, na parroquia de Arcade. A vítima estaba no interior dun cuarto, a única estancia da casa afectada polas lapas.

Unha persoa, identificada como propietaria do inmoble, chamou sobre as catro e media da mañá para pedir axuda. Os equipos de emerxencias desprazados ata o lugar comprobaron que o lume estaba apagado e a vítima dentro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade