Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home faleceu este martes afogado na praia de Ladeira, en Baiona

Un home faleceu este martes afogado na praia de Ladeira, en Baiona

A vítima era un home portugués de 78 anos

G24.gal 15/08/2023 17:00 Última actualización 15/08/2023 17:15

Un home de 78 anos, natural de Monçao, Portugal, morreu este martes na praia de Ladeira, en Baiona.

O home estaba tomando un baño cando se atopou mal.

Un particular alertou o 112 ás catro menos cuarto da tarde. Ata o lugar desprazouse un equipo de urxencias sanitarias, que só puido certificar a súa morte.

Ata o lugar achegouse tamén a Garda Civil e a Policía Local.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar