Cargando resultados...
Un home foi hospitalizado por inhalación de monóxido de carbono en Pontevedra
Un home foi hospitalizado por inhalación de monóxido de carbono en Pontevedra
As outras dúas persoas que estaban na vivenda saíron ilesas
O escape de gas tóxico tivo lugar nun piso da rúa Nova de Arriba nas primeiras horas deste luns
G24.gal
25/04/2022 13:17
Un home foi evacuado en ambulancia dende o centro de Pontevedra ao hospital a noite pasada en estado semiinconsciente por inhalación de monóxido de carbono.
A súa parella e unha filla que o acompañaban saíron ilesas. Iso permitiu que a muller pedira axuda. O incidente puido deberse á evacuación inadecuada de gases dun quentador ou a unha fuga de butano.
A policía precintou a instalación da vivenda, situada na rúa Nova de Arriba e dedicada, ao parecer, a uso turístico.