Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home mata a muller en Murcia e entrégase á Policía

Un home mata a muller en Murcia e entrégase á Policía

O agresor tiña unha orde de afastamento que venceu o pasado 6 de decembro

G24.gal 17/12/2024 17:20 Última actualización 17/12/2024 19:21

Un home de 47 anos foi detido este martes en Cartaxena (Murcia) tras acudir á comisaría de policía para confesar que matara a súa muller, de 50 anos, de nacionalidade colombiana.

Funcionarios da Unidade de Familia e Muller da Policía Nacional e axentes de Seguridade Cidadá desprazáronse ao domicilio, onde atoparon o corpo sen vida dunha muller.

O caso está a investigarse como un crime por violencia machista. Sobre o detido pesaba unha orde de afastamento que venceu o pasado 6 de decembro.

O ministerio de Igualdade condenou nun comunicado o asasinato.

No que vai de ano son 45 as mulleres asasinadas polas súas parellas e 1.290 desde que comezaron a elaborarse as estatísticas en 2003.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade