Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home, con antecedentes por violencia machista, mata a súa muller en Cáceres

Un home, con antecedentes por violencia machista, mata a súa muller en Cáceres

Está detido tras confesar o crime

A parella tiña un bebé de 14 meses

G24.gal 01/11/2022 20:39 Última actualización 01/11/2022 20:53

Foi o propio asasino o que chamou a Garda Civil para confesar o crime  Os axentes e os equipos sanitarios trasladáronse ao domicilio. Alí atoparon a muller morta. Tiña 30 anos. A parella tiña un bebé de 14 meses. A Xunta de Estremadura asumiu a custodia.

"No domicilio había un menor, fillo da parella. Está protexido polos Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Estremadura ata que se poñan en contacto con familiares que puidera ter o menor ou a muller falecida para que poidan facerse cargo del", afirma Francisco Mendoza, delegado do Goberno en Estremadura.

O autor confeso do crime, de 41 anos, tiña antecedentes por violencia machista contra a vítima, pero a denuncia estaba arquivada, posiblemente por ser retirada, segundo confirmou o delegado do Goberno en Estremadura. Agora está detido á espera de pasar á disposición xudicial.

O concello de Valencia de Alcántara decretou tres días de loito oficial. Segundo confirmou o alcalde, vítima e asasino levaban varios anos vivindo na localidade que é limítrofe con Portugal e ten menos de 6.000 habitantes.

"Estamos consternados, é unha vila tranquila que se caracteriza por ter pouca violencia ou practicamente ningunha", di Alberto Piris, alcalde de Valencia de Alcántara.

Con este crime son 36 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas no que vai de ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade