Un home mata o seu irmán e logo suicídase na vila valenciana de Canals
Un home mata o seu irmán e logo suicídase na vila valenciana de Canals
Cortoulle o pescozo antes de aforcarse no patio
Dous varóns, de 46 e 49 anos, apareceron mortos no domicilio que compartían na localidade valenciana de Canals, a 60 quilómetros da capital.
Supostamente, un deles matou o outro cortándolle o pescozo e logo el aforcouse no patio interior da casa.
Alertados por unha veciña, axentes da Policía Local botaron a porta da vivenda abaixo ao non ter reposta ningunha. No interior encontraron o cadáver dun home que ao parecer se suicidou aforcándose no patio. Ao revisar a vivenda, atoparon outro cadáver ensanguentado, co pescozo seccionado, no chan dunha das habitacións, e rstros de sangue por toda a casa.
A Garda Civil investiga o suceso. Os falecidos vivían sós neste domicilio e, ao parecer, estaban en tratamento psiquiátrico.