Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home mata outro cun bate de béisbol en Alacant

Un home mata outro cun bate de béisbol en Alacant

A Garda Civil xa detivo o presunto autor da agresión

O concello alacantino de Gata de Gorgos decretou tres días de loito oficial
G24.gal 23/06/2024 14:09 Última actualización 23/06/2024 22:58

Un home de 35 anos matou a paus outro de 38, aparentemente sen discusión previa.
O suceso ocorreu nunha rúa dunha vila de Alacant.

O home morreu pouco despois da malleira

O agresor empregou un bate de béisbol para mallar nun veciño da localidade alacantina de Gata de Gorgos. Cando chegaron os servizos de emerxencia o home aínda estaba vivo, pero morreu pouco despois.

O presunto agresor xa foi detido pola Garda Civil de Alacant

A Garda Civil xa detivo ao presunto autor da agresión.  O concello de Gata de Gorgos decretou tres días de loito polo veciño falecido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar