Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido o home atrincheirado durante tres horas na súa vivenda de Biscaia

Detido o home atrincheirado durante tres horas na súa vivenda de Biscaia

No domicilio os axentes atoparon dúas armas curtas, aínda que non se confirmou se son reais ou simuladas

G24.gal 12/06/2023 10:36

 A Ertzaintza detivo esta mañá por desordenes públicos e ameazas a un home que permaneceu atrincheirado na súa vivenda de Leioa, en Biscaia, durante máis de tres horas, segundo informou a policía vasca.

Efectivos da Ertzaintza, bombeiros, Policía Local e ambulancias montaron desde primeiras horas un dispositivo arredor deste inmoble da rúa Sabino Arana, no centro de Leioa, despois de que varios veciños denunciasen que o home estaba a lanzar obxectos desde o seu piso e que o vían armado cando saía por unha xanela.

No interior do domicilio os axentes acharon dúas armas curtas, aínda que a Ertzaintza non confirmou se son reais ou simuladas.

Axentes das Patrullas de Resposta Inmediata e da Unidade de Intervención da Ertzaintza entraron no edificio, do que sacaron ao home pasadas as dez da mañá nunha padiola e trasladárono a un centro sanitario nunha ambulancia para a súa avaliación médica.

Os bombeiros colocaron na rúa un colchón inchable baixo a vivenda, situada nun segundo piso, en previsión de que o home, que segundo varios veciños pode sufrir problemas de saúde mentais, puidese guindarse pola xanela.

O departamento de Seguridade informou de que cara ás 7 horas recibiu un aviso da Policía Local desa localidade biscaíña e organizou un dispositivo para tentar que o home que se atopaba asomado a unha xanela da súa vivenda depuxese a súa actitude.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade