Un incendio calcina unha vivenda e ameaza outra en Laza
Un incendio calcina unha vivenda e ameaza outra en Laza
Non quedou ninguén ferido, ao seren dúas casas deshabitadas en vías de recuperación
Os efectivos de extinción de incendios e salvamento traballan en sufocar un lume que xa devorou unha vivenda e ameaza unha segunda en Laza. Ninguén foi ferido, ao seren dúas casas deshabitadas en vías de recuperación.
O incendio alcanzou unha gran virulencia e xa afecta a unha segunda vivenda; por tanto, os equipos do GES da localidade e mais os Bombeiros de Verín traballan para atallar as chamas e evitar máis danos.
Foron os veciños e propietarios os que alertaron o 112 sobre as 11:00 da mañá. Viron como o lume consumía a totalidade dunha vivenda e pasaba á que estado ao lado. Arestora, os equipos de extinción continúan no punto e contan co apoio dos axentes da Garda Civil.