Publicador de contidos

Publicador de contidos

As lapas destrúen unha vivenda no centro do Carballiño

As lapas destrúen unha vivenda no centro do Carballiño

O inmoble estaba abandonado e non houbo feridos

As lapas fixeron colapsar o tellado, que acabou caendo

G24.gal 24/12/2023 09:21 Última actualización 24/12/2023 14:09

Fin de semana complicada para os bombeiros do Carballiño-Ribeiro que despois de asistir un accidente mortal este sábado no concello de Coles, tiveron que volver despregarse esta madrugada por un incendio nunha vivenda en pleno centro da vila do Carballiño.

Os xestores do 112 rexistraron o aviso pasada a unha da madrugada. O traballo dos bombeiros centrouse en atallar as intensas lapas que saían da vivenda, para evitar que se espallasen, pero finalmente o tellado acabou colapsando e esborrallou.

O inmoble estaba abandonado, polo que non houbo danos persoais. Aínda así a Policía Local seguiu os traballos de extinción ata verificar que efectivamente non se producira ningunha vítima. Os danos que sufriu a vivenda son cuantiosos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade