Cargando resultados...
Un incendio en Riós calcina máis de 20 hectáreas e pechou pola tarde a N-525
Un incendio en Riós calcina máis de 20 hectáreas e pechou pola tarde a N-525
O incendio está estabilizado
G24.gal
24/08/2023 19:19
Última actualización 24/08/2023 22:14
Un incendio forestal declarouse sobre ás 16:10 horas en Riós. Calcinou ata o momento unhas vinte hectáreas e, debido á proximidade do lume á estrada, obrigou a cortar ao tráfico a N-525.
Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o incendio comezou na parroquia de Fumaces e A Trepa, no termo de Riós.
O fume interfería na visibilidade da estrada N-525, polo que foi necesario cortar "puntualmente" o tráfico, aínda que xa se atopa restablecido.
Para o seu control mobilizáronse ata o de agora cinco axentes, oito brigadas, seis motobombas, catro helicópteros e cinco avións.