Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home de 73 anos falece nun accidente de tráfico en Riós

Un home de 73 anos falece nun accidente de tráfico en Riós

Circulaba en dirección contraria pola autovía ata que bateu con outro vehículo

O choque frontal produciuse na A-52 á altura de Riós
G24.gal 27/12/2023 16:38

Dous novos mortos en accidentes soben a 4 a cifra no que levamos de Nadal. Un dos últimos sinistros foi en Riós, causado por un coche que circulaba en sentido contrario.

O accidente aconteceu contra as oito e media da tarde do martes, na autovía das Rías Baixas, á altura do concello de Riós. Por causas que se descoñecen, o condutor, que ía só no seu vehículo, circulaba en dirección contraria ata que bateu frontalmente con outro coche. 

O condutor do vehículo que ía en sentido contrario faleceu no sinistro. Era veciño de Pías (Zamora). Os cinco ocupantes do outro vehículo quedaron feridos leves, e tres deles xa están dados de alta. Tratábase dunha familia que volvía á súa casa de Tomiño.

Pouco despois das oito e media da tarde a Garda Civil recibira unha alerta indicando de que o condutor ía en sentido contrario pola A-52, no concello de Riós, á altura do alto de Fumaces. 

Polo intervalo nas chamadas cren que o home percorreu pouco máis dun quilómetro en sentido contrario despois de incorporarse a autovía na saída de Vilardevós. Unha das hipóteses que se barallan é que o accidente viñera provocado polas condicións meteorolóxicas. Así o cre a Garda Civil e tamén os veciños da zona. 

Con esta son 23 as vítimas mortais nas estradas na provincia de Ourense neste ano, o dobre que hai unha década.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade