Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio nun psiquiátrico do Pino obriga a desaloxar 60 persoas

Un incendio nun psiquiátrico do Pino obriga a desaloxar 60 persoas

Dez persoas necesitaron atención hospitalaria, aínda que están fóra de perigo

G24.gal 07/10/2022 07:57 Última actualización 07/10/2022 14:36

Un incendio no sanatorio La Robleda, no concello coruñés do Pino, moi preto de Santiago, obrigou esta madrugada a evacuar 60 internos.

Cinco persoas tiveron que ser atendidas no Hospital Clínico de Santiago por inhalación de fume. 2 deles eran pacientes e 3 máis enfermeiros do centro. Ata 10 persoas foron atendidas por inhalación de fume, aínda que tan só a metade tivo que ser trasladada a centros hospitalarios por precaución.

Dos dous internos atendidos no Complexo Hospitalario de Santiago, un foi o que presuntamente provocou o lume no seu cuarto que logo se estendeu polo primeiro andar do edificio. Os traballadores do sanatorio evacuaron os pacientes e activaron o protocolo ata a chegada dos bombeiros de Arzúa. 

Nun primeiro momento foron os propios sanitarios do centro os que tiveron que evacuar uns 60 pacientes que se atopaban preto do cuarto onde se orixinou o lume. 

Unha vez que as forzas de seguridade comprobaron que o resto do edificio estaba en boas condicións, os pacientes volveron ingresar no centro.

Aínda que se valorou a posibilidade de trasladar a varios dos arredor de 60 desaloxados a outros centros sanitarios, finalmente decidiuse que foran realoxados en distintas áreas das instalacións do sanatorio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar