Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un informe di que a morte de Diego Bello foi unha conspiración policial

Un informe di que a morte de Diego Bello foi unha conspiración policial

A investigación di que inventaron probas 

G24.gal 21/10/2021 19:14

A loita da familia de Diego Bello continúa en Galicia, mentres nas Filipinas avanza a investigación policial. O tío de Diego conta que agora tanto a xustiza do país como o FBI confirman ese asasinato e incluso que inventaron probas e mentiras a sabendas.

Diego faleceu en xaneiro de 2020 de varios disparos a man da policía, nunha suposta redada contra o tráfico de drogas. Cando a familia fala do móbil do crime parecen telo claro: para eles, un gobernador podería estar implicado e de feito ameazou a un socio de Diego.

O consulado español recomendou á familia que se presente na causa. Por iso xa están buscando un bufete internacional que os represente e tamén cartos para poder sufragalo, con distintas iniciativas que xa están en marcha. Queren manter vivo o nome de Diego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade