Un informe do Ministerio de Traballo sinala os efectos negativos da suba do SMI
Un informe do Ministerio de Traballo sinala os efectos negativos da suba do SMI
Os expertos alertan dunha redución de horas laborais e dun aumento do paro entre os mozos, as mulleres e os inmigrantes
O informe foi encargado hai meses polo Ministerio de Traballo, pero non viu a luz ata agora
Para os empresarios, as conclusións do informe non son unha sorpresa. Desde a primeira suba do salario mínimo interprofesional veñen advertindo das consecuencias, entre elas unha redución de horas laborais para compensar a alza dos salarios.
O informe foi encargado hai meses polo Ministerio de Traballo, pero non viu a luz ata agora, cando o Consello de Transparencia llo pediu a Yolanda Díaz para facelo público. Nel os expertos avalían o impacto da medida que beneficiou a un 9 por cento dos asalariados, pero que aumentou o paro entre os mozos, mulleres e inmigración.
Os economistas alertan de que a suba do salario mínimo interprofesional actúa de barreira para os traballadores que están sen emprego.
En contra das conclusións do informe e dos empresarios, a ministra de Traballo estuda unha nova suba para o ano que vén.