Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un raio apaga a lanterna da torre de Hércules durante un anaco

Un raio apaga a lanterna da torre de Hércules durante un anaco

Entre onte e hoxe caeron arredor de 10.000 raios en Galicia

G24.gal 09/09/2023 22:03 Última actualización 09/09/2023 23:09

É unha das imaxes das treboadas. Captouna un veciño da Coruña co teléfono. Un lóstrego impactando na torre de Hércules. Algúns vírono desde a casa. 

"Fixo 'ras' e vímolo desde o salón. A verdade é que dá un pouco de medo", conta unha muller.

Aínda que o día arrancou tranquilo, moitos din que non recordan unha noite con tanta tronada.

"Foi unha noite espectacular porque xamais vivira eu tanto raio. Incrible", asegura un home.

"Metinme debaixo da cama, non sabía que facer. Que medo tiven!", confesa unha muller.

Entre onte e hoxe caeron arredor de 10.000 raios en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade