Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un menor de 16 anos sofre un accidente en Arzúa conducindo un coche e dá positivo en alcol e drogas

Un menor de 16 anos sofre un accidente en Arzúa conducindo un coche e dá positivo en alcol e drogas

O mozo foi retido polos veciños ata que chegou a Garda Civil, xa que pretendía abandonar o lugar do sinistro tras provocar danos noutro vehículo

G24.gal 27/02/2024 09:47

A Garda Civil de Santiago investiga un menor de 16 anos quen sufriu un accidente cun turismo que el mesmo conducía e acabou dando positivo en drogas e alcol.

Ocorreu na localidade de Arzúa, e, segundo relata a Garda Civil, o menor foi retido por varios veciños, debido a que pretendía ausentarse do lugar a pesar de causar danos noutro vehículo estacionado nunha rúa da vila.

Unha vez no punto do accidente, os gardas civís comprobaron que se trataba dun menor de 16 anos que conducía un turismo sen, evidentemente, posuír permiso de conducir, feito que constitúe un suposto delito contra a seguridade viaria.

Ao realizarlle as habituais probas de alcol e drogas, ademais deu resultado positivo na de alcoholemia e indiciario na presenza de drogas no organismo, a falta de confirmación mediante contraste do laboratorio. Por esas infraccións tamén foi proposto para ser sancionado.

Os feitos foron postos en coñecemento da Fiscalía de Menores para depurar posibles responsabilidades penais por parte do menor de idade e dos pais ou titores legais, se así as tivesen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade