Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un morto e dúas mulleres feridas nun accidente de tráfico en Malpica

Un morto e dúas mulleres feridas nun accidente de tráfico en Malpica

O sinistro ocorreu na estrada AC-418 ao chocaren frontalmente dous vehículos

G24.gal 05/01/2024 16:21 Última actualización 05/01/2024 17:45

Unha persoa faleceu e dúas quedaron feridas de distinta consideración nun accidente de tráfico ocorrido esta tarde en Malpica.

O sinistro ocorreu pouco despois das dúas na estrada AC-418 que une Carballo e Buño á altura de Leiloio.

Por causas que se descoñecen, dous vehículos chocaron frontalmente.

Ata a zona desprazáronse efectivos do 061, os bombeiros de Bergantiños, o GES de Ponteceso, a Garda Civil e a Policía Local. Ata o lugar tamén se desprazou o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade