Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un morto e un ferido grave nunha colisión entre dous vehículos en Viveiro

Un morto e un ferido grave nunha colisión entre dous vehículos en Viveiro

Un dos particulares que alertou ao 112 Galicia e que estaba implicado no accidente explicou que o turismo contrario batera contra un poste e saíra rebotado contra o vehículo no que el ía

A vítima mortal, un mozo de 28 anos, viaxaba como ocupante no asento dianteiro do vehículo

O condutor do coche, un home de 30 anos de idade, resultou ferido de gravidade

G24.gal 26/04/2024 08:19 Última actualización 26/04/2024 14:26

Forte colisión entre dous vehículos á última hora de onte en Viveiro. Un home de 28 anos faleceu no sinistro e hai outro ferido grave. A vítima ía de copiloto, e o condutor, de 30 anos, foi trasladado ata o Hospital da Mariña.

O sinistro tivo lugar minutos antes das once da noite na estrada LU-540 á altura do punto quilométrico 2,600. Un todo terreo e un turismo chocaron na recta de Landrove á saída de Viveiro.

Un dos particulares que alertou ao 112 Galicia e que estaba implicado no accidente explicou que o turismo contrario batera contra un poste e saíra rebotado contra o vehículo no que el ía. Ademais, indicou que o ocupante do outro coche atopábase tirado sobre a calzada.  

Ata o lugar desprazáronse varias ambulancias, os bombeiros, Protección Civil e a Garda Civil de Tráfico. Tras chegar ao punto, os membros de Protección Civil indicaron que había moitos restos de accidente esparexidos pola estrada, polo que tamén se informou ao servizo de mantemento da vía.

Xa no punto, os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmaron que unha das persoas implicadas no accidente estaba falecida. Os que ían no todo terreo quedaron ilesos. Os restos dos vehículos sinistrados obrigaron a cortar o tráfico unhas horas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade