Cargando resultados...
Morre un home de 39 anos nunha colisión entre dous coches no Porriño
Morre un home de 39 anos nunha colisión entre dous coches no Porriño
O suceso ocorreu na A-55 pasadas as nove da noite deste martes
A vítima mortal era veciño de Nigrán
O condutor do outro coche quedou ferido leve
Imaxe do vehículo sinisrado no Porriño (EFE/Sxenick)
G24.gal
06/02/2024 22:35
Última actualización 07/02/2024 09:39
Accidente mortal na autoestrada A-55 entre Vigo e O Porriño. Foi unha colisión entre dous coches que se produciu no quilómetro 21 pasadas as nove da noite. Un dos vehículos envorcou e o seu ocupante faleceu no acto. Era veciño de Nigrán e tiña 39 anos.
Os bombeiros tiveron que intervir para rescatar o seu corpo. O condutor do outro coche quedou ferido leve. Non transcenderon as causas do accidente.