Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un motorista queda ferido tras bater contra un coche en Teo

Un motorista queda ferido tras bater contra un coche en Teo

O accidentado é un mozo de 25 anos que foi evacuado a un centro hospitalario

G24.gal 16/05/2023 11:12

Ferido grave un motorista tras bater cun coche no concello coruñés de Teo. Trátase dun varón de 25 anos que tivo que ser evacuado en ambulancia ao hospital.

O sinistro tivo lugar pasadas as 8:30 da mañá na estrada Nacional 550, á altura da rotonda das Galanas. Varios particulares alertaron os servizos de emerxencias. Ata o lugar desprazouse a Garda Civil, a Policía Local, así como membros do GES da Estrada e de Protección Civil. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade