Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pasa a disposición da fiscalía de menores o autor confeso do triplo crime de Elx

Pasa a disposición da fiscalía de menores o autor confeso do triplo crime de Elx

O rapaz, de 15 anos, conviviu tres días cos cadáveres da familia nun alpendre

Confesou que matou aos pais e o irmán cunha escopeta de caza

 

G24.gal 12/02/2022 08:06 Última actualización 21:00

O detido ingresará nun centro de menores como medida cautelar mentres a Policía continúa coas investigacións para determinar os motivos do sucedido na pedanía de Algoda.

De momento, non descartan ningunha hipótese á espera do resultado da autopsia dos tres cadáveres e dun posible exame psiquiátrico do homicida.

En principio, todo apunta a que o martes pasado, o menor matou aos pais e o irmán, cunha escopeta de caza, en resposta á decisión da nai de cortarlle a wifi por suspender varias materias e por non colaborar nos traballos agrícolas.

O crime non se descubriu ata o venres. O autor pasou tres días convivindo cos cadáveres nun alpendre e sen ir a clase. Aos amigos contoulles que estaba confinado porque se contaxiara da covid. 

Actitude fría

Os axentes que o interrogaron na comisaría destacan a frialdade do rapaz, que non mostra remordementos.

O concello de Elx celebrou unha concentración silenciosa e decretou tres días de loito en memoria das vítimas.

"Son uns feitos terribles que provocan a indignación, a preocupación e a consternación de todos", asegura o rexedor Carlos González. 

A subdelegada do Goberno pide cautela, porque hai un menor implicado, e que deixen traballar os investigadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade