Cargando resultados...
A policía busca un mozo que lles prendeu lume a tres homes nunha rúa de Vallecas
A policía busca un mozo que lles prendeu lume a tres homes nunha rúa de Vallecas
O agresor botoulles por riba un líquido inflamable
Un dos feridos ten queimaduras graves no 20 por cento do corpo
Os servizos de emerxencias atenden as persoas atacadas na rúa en Madrid
G24.gal
07/07/2024 20:25
A Policía Nacional segue a buscar en Madrid un mozo que atacou tres homes de mediana idade cun líquido inflamable, prendeulles lume e fuxiu.
Sucedeu a noite do sábado nunha rúa do distrito de Vallecas. Os feridos teñen entre 45 e 50 anos e son veciños do barrio. O que quedou en estado máis grave ten queimaduras de segundo grao no vinte por cento do corpo.
Os outros dous, feridos leves, teñen queimaduras nun brazo e nun ollo. As primeiras pescudas indican que o suceso podería ter relación con desavinzas previas entre o agresor e as súas vítimas.