Un mozo sen carné rouba un microbús en Ferrol e conduce ata Ortigueira
Un mozo sen carné rouba un microbús en Ferrol e conduce ata Ortigueira
Varias testemuñas aseguran que as levou de balde pola cidade
Un condutor avisou de que batera con varios coches e marchara sen parar
Un condutor deu o aviso despois de que o microbús batera contra varios coches o seu coche na rúa Atocha, no centro de Ferrol. O autobús continuou sen deterse. Un pouco despois a Policía Local identificou, ao condutor do autobús, na estrada Alta do Porto.
O microbús está propia estación de autobuses. Ten varios golpes no lateral dereito e un cristal roto do mesmo lado. O vehículo non amosaba sinais de ser forzado e o detido empregou as chaves para iniciar a marcha.
A deficiente seguridade e o costume dos condutores de deixar as chaves nos autobuses foron determinantes. O GPS do autobús permitiu constatar aos axentes que o mozo circulara co vehículo ata Ortigueira e que despois volveu a Ferrol, onde o localizaron finalmente despois de percorrer a cidade.
Os axentes puideron comprobar que roubara o autobús ás tres da mañá, da estación de Ferrol. O detido deu negativo nas probas de alcol e drogas, e contou mentres o estaban a deter que tiña a intención de aparcalo correctamente.
O mozo non ten carné de conducir, polo que se lle imputa un delito contra a seguridade viaria. Levaron o detido para que se fixedr cargo del a Policía Nacional, na avenida de Vigo, para despois declarar no xulgado. Está en liberdade en calidade de investigado.
A Policía Local de Ferrol traballa para saber se durante o seu percorrido provocou máis danos noutros vehículos, sinais ou elementos do mobiliario urbano. E a implicación do mozo noutro roubo semellante acontecido tamén na estación de autobuses de Ferrol un día antes.