Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un novo ataque do lobo deixa cinco ovellas e tres años mortos en Quintela de Leirado

Un novo ataque do lobo deixa cinco ovellas e tres años mortos en Quintela de Leirado

Hai dous meses xa matara media ducia de animais doutro rabaño na mesma parroquia

Os veciños piden medidas ante o incremento dos ataques

G24.gal 18/09/2023 13:48

Aconteceu  a plena luz do día, nunha finca pechada, moi preto das vivendas, na aldea de Souto, no concello ourensán de Quintela de Leirado.

José Nóvoa deixara o seu rabaño, formado por cinco ovellas, un carneiro e catro años para que paceran. Contra as dúas da tarde o carneiro apareceu na casa, todo ensanguentado.

Foi o único que se salvou, xunto cun cordeiro. Cando chegou á leira, este veciño aínda foi quen de ver o lobo atacando a un dos animais.

Na parroquia de Redemuíños din que os ataques se intensificaron nos últimos meses. En xullo sufriron outro no que morreron media ducia de ovellas.

Piden medidas por parte da administración para facerlle fronte ao lobo e minimizar os danos. Unha queixa que se estende por outros concellos da provincia de Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade