Un particular requírelle ao Concello de Pol 28.000 euros por ter nun baixo tres retablos
Un particular requírelle ao Concello de Pol 28.000 euros por ter nun baixo tres retablos
O retablo da igrexa de Caraño está nun baixo do que se deben dez anos de alugueiro
O aspecto exterior da igrexa de Caraño deixa ver un edifico inacabado e cunha deterioración evidente das partes que están construídas, construción na que participaron moitos veciños da zona hai seis décadas.
A este veciño dóelle o actual estado do templo, onde o lousado desfeito permite que entre a auga da choiva. A humidade mesmo apodrentou o chan da sancristía.
Esta igrexa fíxose para evitar restaurar a igrexa vella, un templo gótico en ruínas. Os seus retablos están nun baixo deste veciño de Lugo, que acordou recibir un alugueiro por acubillalos e leva case dez anos sen cobrar, polo que acaba de denunciar o concello de Pol e de reclamarlle 28.000 euros.
Moitos veciños queren que se restaure o templo románico e que se dedique a igrexa nova a un centro social.