Un paseo pola nostalxia no Día Mundial da Televisión
Un paseo pola nostalxia no Día Mundial da Televisión
A ONU destaca que continúa crecendo o número de fogares con televisor en todo o mundo
Foi en 1996 cando Nacións Unidas decidiu marcar cada 21 de novembro para promover un consumo responsable de televisión e promocionar os programas de calidade, para celebrar que este medio se converteu en símbolo de conexión e globalización no século XXI.
Con ocasión deste novo Día Mundial da Televisión, a Unión de Televisións Comerciais en Aberto (UTECA) publicou uns datos que aseguran que en España a cidadanía ve a televisión en aberto 181 minutos ao día. Tamén sinalan que oito de cada dez enquisados cren que a televisión cumpre unha función de cohesión social.
Son moitos os cambios que vivimos nas últimas décadas a través da antes chamada pequena pantalla, e iso inclúe unha dose de nostalxia e mesmo de sorpresa.