Cargando resultados...
Un penalti no engadido deixa sen vitoria o Bergantiños en Langreo
Un penalti no engadido deixa sen vitoria o Bergantiños en Langreo
O equipo galego adiantouse xa na segunda metade, pero a discutida man asubiada polo árbitro resultou decisiva
G24.gal
27/11/2022 21:32
O Bergantiños estivo a piques de gañar na súa visita ao Langreo. O equipo de José Luis Lemos, que loita por fuxir dos postos de perigo, adiantouse no marcador cun gol de Adrián no minuto 47.
Os galegos defendéronse ben dos ataques do cadro asturiano, que acaba de cambiar de técnico, pero un penalti no 92 evitou que os tres puntos viaxasen a Carballo. Arzálluz transformou a pena máxima, indicada por mans, para lograr o empate do conxunto asturiano.
Logo deste empate, o Bergantiños ten 15 puntos, e está en posto de promoción de descenso.