Un pesqueiro galego vai cara a Montevideo para avaliar danos tras chocar con outro barco
Un pesqueiro galego vai cara a Montevideo para avaliar danos tras chocar con outro barco
O Playa Pesmar Uno con base en Marín chocou contra unha embarcación asiática
Ten danos na proa, pero os 30 tripulantes están ben
O pesqueiro galego Playa Pesmar Uno, con base no porto de Marín, diríxese rumbo ao porto de Montevideo para avaliar os danos causados na colisión contra un barco asiático mentres pescaba en augas fóra da xurisdición arxentina.
O incidente protagonizado por este buque, que pertence ao grupo Pesqueiras Marinenses, produciuse este sábado, segundo confirmaron fontes da asociación de Armadores de Vigo (Arvi), á que está adscrita a compañía armadora do Playa Pesmar Uno.
Ningún dos 30 tripulantes do barco galego resultou ferido, informan as mesmas fontes. Agora, o obxectivo é chegar ao porto da capital uruguaia para avaliar os danos causados no casco da embarcación. ten danos na proa ,pero non supoñen risco para a nevegación.