Un veleiro encalla nunha zona de rochas en Baiona
Un veleiro encalla nunha zona de rochas en Baiona
Os servizos de Salvamento marítimo tratan de desencallar a embarcación
O único tripulante do veleiro de bandeira francesa resultou ileso logo de ser rescatado por un veciño
O veleiro viña de Muxía e navegaba en dirección a Portugal cando impactou contra as rochas na costa de Baredo no concello de Baiona. O único tripulante a bordo, un navegante sueco, tivo que ser auxiliado polo veciño dunha casa próxima ao lugar do accidente.
O veleiro de 9 metros de eslora e tres de manga quedou moi danado tras impactar coas rochas e cunha gran fenda no lateral. Unha indisposición podería ser a causa do accidente.
Ata a zona desprazouse a Garda Civil e unha lancha de Salvamento Marítimo. O rescate tanto por terra como por mar é complicado, xa que a embarcación encallou nun lugar de difícil acceso.