Un mozo morreu en Mallorca ao ser atropelado por unha lancha mentres pescaba
Un mozo morreu en Mallorca ao ser atropelado por unha lancha mentres pescaba
O falecido, de vinte anos, estaba nun bote sen luces pescando luras con dous compañeiros
As primeiras investigacións indican que o mozo, de vinte anos, estaba de pesca con outros dous amigos nun bote cando de súpeto foron alcanzados pola embarcación de maior tamaño, que fuxiu.
O suceso ocorreu sobre as dez da noite deste venres en Cala Bona, no municipio mallorquino de Son Servera. Os amigos do falecido non resultaron feridos, aínda que si precisaron a asistencia de psicólogos. Os corpos de seguridade tratan agora de dar co paradoiro da lancha fuxida.
Na pequena embarcación, os tres tripulantes estaban a pescar luras no momento do accidente. Adoitaban acudir a Cala Bona para capturar estes moluscos na bocana do porto.
Segundo as testemuñas, o bote non tiña luces e a lancha de grande eslora "pasou por encima del". Os acompañantes da vítima mortal foron os que avisaron os servizos de emerxencia.